El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Falece o escritor ourensán Marcos Valcárcel

A nova do pasamento deuse a coñecer a través do seu blog, "As uvas na solaina" // A Fundación Curros Enríquez expresa o seu "profundo pesar" polo falecemento do escritor, xornalista e historiador

REDACCIÓN/E.P. SANTIAGO  | 05.12.2010 
A- A+

Patricia Santos
Núñez Feijóo y Marcos Valcárcel, con su esposa María al fondo, en el acto de entrega de las Medallas Castelao 2009
FOTO: Patricia Santos

A través do seu blog asuvasnasolaina.blogspot.com, deuse a coñecer hoxe o falecemento do profesor e escritor ourensán Marcos Valcárcel López, colaborador durante moitos anos de "Galicia Hoxe".

O texto co cal se facía público o pasamento indica concretamente: "No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López, despois dunha longa enfermidade. Quen desexe darlle o derradeiro adeus pode acodir ao Tanatorio "As Burgas" de Ourense (nº 6) durante a tarde de hoxe e mañá luns día 6 durante todo o día".

A Fundación Curros Enríquez mostrou o seu "profundo pesar" polo falecemento do escritor, xornalista e historiador Marcos Valcárcel ocorrido este domingo. Para iso, a fundación valeuse das palabras dedicadas a Varcárcel durante un tributo celebrado en 2009 en Celanova no que se valoraba a condición de patrón desta entidade, e a de ser "un dos dinamizadores culturais máis fecundos e rigorosos da cidade de Ourense nos últimos anos".

Así, a Fundación Curros Enríquez subliñou que Valcárcel constitúe "o elo entre os vellos mestres e as novas fornadas de escritores e investigadores, baixo o denominador común do compromiso político, da calidade formal e servizo ó país". Deste xeito, a súa figura "permanecerá para sempre instalada na memoria da Casa dous Poetas, na que tantos momentos de amizade, reflexión e traballo pola dignificación cultural do país pasou".