El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Feijóo salienta na Real Academia de Ciencias a valía da conexión coa comunidade científica

Luis Liz, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León, novos membros da entidade logo dun acto onte no Pazo de San Roque de Santiago

FOTO: David Cabezón
FOTO: David Cabezón

LUIS PLANAS SANTIAGO  | 22.01.2020 
A- A+

Luis Liz, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León únense desde onte como novos compoñentes da Real Academia das Ciencias de Galicia (RACG).

Pasarán a formar parte da RACG logo dun acto coa apertura do novo curso na institución, que celebrou onte o inicio cun evento feiro no Pazo de San Roque de Santiago coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outros persoeiros.

O presidente do Goberno galego, incidiu no acto na importancia da conexión da comunidade científica coa sociedade para achegar certezas, mellorar a realidade que vivimos e abordar os retos de futuro. Así, dixo que a Xunta está a traballar para ofrecer cada vez políticas máis a longo prazo e axudas regulares e previsibles que fortalezan o tecido investigador, ademais de incrementar un 75 % a achega aos Centros de Investigación de Excelencia.

Ao respecto, aseverou que ao longo destes anos a Administración autonómica avogou por cambiar un modelo fundamentado en meritorias investigacións individuais e equipos reducidos por un modelo actual, no que os científicos da comunidade traballan en centros de investigación de excelencia con máis de 200 persoas, o que facilita a interdisciplinariedade e configurar redes de carácter europeo e mundial.

Así mesmo, cómpre salientar que cada ano, 150 investigadores do Sistema Universitario Galego estanse a formar con axudas da Xunta en prestixiosos centros no estranxeiro; e 300 investigadores están a realizar a súa tese doutoral con contratos regulados.


lema rodicio, bo exemplO O titular do Executivo autonómico aseverou que nunca a ciencia feita en Galicia tivo tanta relevancia e presencia internacional, referíndose, a modo de exemplo, ao propio presidente da Academia, Lema Rodicio, ata a traxectoria dos novos académicos que hoxe entran a formar parte desta casa: Xosé Bustelo, Luis Liz Marzán, Manuel de León, Aníbal Figueiras e Beatriz González que, nas distintas disciplinas nas que traballan -desde a investigación en cancro aos biomateriais- tratan de resolver incógnitas que permitan seguir avanzando moito como sociedade moderna.

Logo de dar a felicitación oa aos novos académicos da RAGC, Feijóo aproveitou o acto para valorar tamén o feito de que a ciencia cada vez teña máis e máis voces de muller.

Sobre este último punto, lembrou o apoio e o recoñecemento da Xunta a través de premio Wonenburger, que leva o nome desta gran matemática e cuxa nova edición entregarase a vindeira semana.

Con estes cinco ingresos, a RAGC incrementa a súa nómina de científicos e científicas galegos -ou cunha estreita vinculación a Galicia- de recoñecido prestixio nas súas áreas de coñecemento e que exercen a súa actividade investigadora en centros de referencia no resto de España ou no estranxeiro, con capacidade para contribuír á promoción da ciencia en Galicia a través da RAGC.

Esta entidade ten por misión promover a ciencia e a tecnoloxía e a súa influencia na Sociedade, difundindo a cultura e os valores científicos, creando opinión desde a independencia, para contribuir ao desenvolvemento social.

CADA UN DOS TALENTOS que chegan

••• Luís Liz-Marzán: membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e correspondente da Real Academia Canaria de Ciencias, así como Medalla da Real Sociedade Matemática.

Xosé R. Bustelo: Desde 2019 é presidente da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro.

Beatriz González López-Valcárcel: foi presidenta da Asociación de Economía da Saúde e da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria.opea de Saúde Pública.

Aníbal R. Figueiras Vidal: Académico Numerario da Real Academia de Enxeñería e correspondente da Academia de Enxeñería de México.

Manuel de León: É membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.