El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

HOXE

Fene acolle a estrea de 'Asubíos', a nova peza teatral de dinamización lingüística

ECG   | 29.09.2018 
A- A+

O concello coruñés de Fene acolle hoxe a estrea de Asubíos, a nova peza teatral de dinamización lingüística do programa FalaRedes, "no marco dunha xira de funcións para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que percorrerá 20 localidades galegas ata decembro". O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na súa presentación, destacou onte que o FalaRedes "é o programa de dinamización lingüística máis consolidado nas axendas culturais dos concellos, e se caracteriza por ir sempre da man de propostas innovadoras para a promoción do uso da lingua propia de Galicia no tempo de ocio das familias, de da mocidade, e tamén, sempre, unha aposta firme polos artistas e profesionais que teñen no idioma de noso a base do seu traballo", concluíu. Participaron canda García Gómez na presentación o alcalde, Gumersindo Galego; e os actores María Torres e Gonçalo Guerreiro, responsables da compañía Elefante Elegante e protagonistas da actividade, que se poderá gozar, de balde, ás 12 h. na Casa da Cultura de Fene, e nas vindeiras semanas en Arteixo, Betanzos, Ribadumia, Forcarei ou Verín.