El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Fernando Pérez xa forma parte do equipo presidido por Juan Lema

Chega deste xeito á xunta directiva da Real Academia Galega da Ciencia

DUVI   | 31.01.2019 
A- A+

Santiago. O catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións Fernando Pérez entrou na Real Academia Galega da Ciencia en xullo de 2014. Case cinco anos despois, o investigador da Universidade de Vigo e do centro altanTTic entra tamén a formar parte do equipo de goberno da institución, encabezado polo catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago a Juan Lema. Pérez explica que cando Lema lle propuxo formar parte da súa candidatura aceptou "inmediatamente con intención de achegar a miña experiencia e o meu traballo para axudar a que a ciencia teña maior influencia na nosa contorna". Destaca o traballo realizado pola institución académica nos últimos anos co obxectivo de visibilizar a ciencia e a investigación e recoñece estar "moi orgulloso" de pertencer a unha entidade pola que amosa "un enorme afecto, constituída por persoas de brillantes traxectorias académicas e un compromiso altruísta co desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía en Galicia".

Fernando Pérez CATEDRÁTICO "Meu traballo é axudar a que a ciencia teña maior influencia"