El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Ferrol inicia a repartición de material protector

Os equipos foron entregados tras unha iniciativa solidaria que segue aberta

SANTIAGO  | 26.03.2020 
A- A+

O Concello de Ferrol iniciou a repartición do material doado estes días por empresas da cidade e da comarca, unha iniciativa solidaria que continúa aberta, segundo informaron fontes municipais.

Así, dende o punto loxístico de emerxencias instalado no antigo Hospicio partiron furgóns con voluntarios de Protección Civil que se encargaron de trasladar os Equipos de Protección Individual (EPI) aos lugares "onde son máis necesarios nestes momentos". Concretamente, no Hospital Arquitecto Marcide entregáronse case 2.000 máscaras FFP2, 29 caixas de luvas de nitrilo, 429 monos de varias tallas, seis batas cirúrxicas, unha caixa de gorros cirúrxicos e 22 lentes de protección.

Desta distribución tamén se beneficiou o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física, onde se deixaron 50 monos, a base do 061, á que se doaron máscaras FFP2, Cáritas (máscaras FFP1), o albergue Pardo de Atín (máscaras FFP1), e as residencias de maiores de Caranza.