El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Gaiás convértese, até mañá, nun foro formativo sobre ‘world music’

‘Galician Connection’, baixo a coordinación de Cristina Pato, concilia nun mesmo evento o espectáculo coa vontade didáctica//O concerto de clausura celebrará o diálogo intercultural

Lorenzo saúda aos participantes en Galicia Connection, que dirixe Cristina Pato, á beira de Paquito D’Rivera - FOTO: XUNTA
Lorenzo saúda aos participantes en Galicia Connection, que dirixe Cristina Pato, á beira de Paquito D’Rivera - FOTO: XUNTA

ANDRÉ URIZA. SANTIAGO  | 12.04.2012 
A- A+

Sete dos grandes mestres da World Music e destacados responsables de festivais internacionais de música reúnense desde onte no marco de Galician Connection. Xornadas internacionais de músicas do mundo, un foro que principiou onte á mañá no Gaiás, coordinado pola artista galega Cristina Pato e coa colaboración especial de Paquito D’Rivera –unha das grandes figuras da música cubana, fundador do grupo Irakere con Chucho Valdés e gañador de doce Grammys.

Galician Connection ofrece desde onte un programa formativo exclusivo con clases prácticas e encontros con grandes mestres da World Music, foros e debates participativos e un concerto de clausura no Museo de Galicia.

ofrece desde onte un programa formativo exclusivo con clases prácticas e encontros con grandes mestres da World Music, foros e debates participativos e un concerto de clausura no Museo de Galicia.

"Serán tres días nos que o Gaiás reunirá a músicos galegos e doutras latitudes para establecer un diálogo cultural creativo a través da música", asegurou onte na presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a apertura do Galician Connection. A directora artística do evento, a gaiteira e pianista Cristina Pato, sinalou que o obxectivo do foro é "establecer relacións" entre diferentes tradicións galegas e a world music para favorecer "unha maior proxección internacional" da música galega.

Más información en El Correo Gallego en Orbyt