El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Galicia contabiliza 1.832 positivos, 234 máis, e 43 mortes

Un total de 47 persoas xa foron dadas de alta // A día de hoxe hai 1.247 pacientes en seguimento nos seus domicilios

Vista de un cartel informativo del Mercado de San Agustín de A Coruña este miércoles que informa del aislamiento para frenar el coronavirus. - FOTO: EFE/Cabalar
Vista de un cartel informativo del Mercado de San Agustín de A Coruña este miércoles que informa del aislamiento para frenar el coronavirus. - FOTO: EFE/Cabalar

SANTIAGO  | 26.03.2020 
A- A+

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.832, deles 438 son da área da Coruña, 128 da de Lugo, 231 da de Ourense, 222 da de Pontevedra, 462 da área de Vigo, 302 da de Santiago, e 49 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 86 permanecen en UCI, 499 están en unidades de hospitalización e 1.247 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 47 altas de pacientes e 43 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a un home de 97 anos ingresado no Chuac, outro home de 84 anos e unha muller de 72 que estaban ingresados no CHUAC; un home de 63 que estaba  ingresado no CHUO e un home de 81 que estaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.  Os catro casos foran diagnosticados de coronavirus e tiñan patoloxías previas.

Tamén morreron hoxe unha muller de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Policlínico de la Rosaleda, de Santiago, un varón de 57 anos que estaba ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro; outro de 63 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense; outro home de 74 anos ingresado no Hospital de Montecelo; outro de 87 anos que estaba ingresado no Hospital A Rosaleda en Santiago; e outro home, tamén de 87 anos, que estaba ingresado en Ferrol. Todos tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 8.805.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.