Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Gallego Jorreto recibirá o IV premio Ágora do Orcellón

O xurado recoñece seu compromiso con Galicia e a mixtura do tradicional e moderno

Manuel Gallego Jorreto recibirá o IV Premio Ágora do Orcellón que promove o Instituto de Estudios Carballineses (IEC), un galardón que lle foi outorgado por unanimidade dos membros do xurado reunidos esta mesma semana na localidade ourensá.

Recoñécese así o compromiso da arquitectura do distinguido con Galicia, traballo no que "conxuga sabiamente os materiais tradicionais, os oficios e a modernidade, e sempre co seu selo persoal de respecto pola contorna e a pasaxe", segundo un comunicado da organización do premio.

Con proxectos no Carballiño e con múltiples traballos de proxección nacional e internacional, Gallego Jorreto -membro do club dos Gallegos del Año del Grupo Correo Gallego-, é natural de Carballiño, onde a súa nai exerceu de mestra.

Con respecto á composición do xurado, o mesmo estivo presidido por Avelino Muleiro, catedrático de Filosofía e director do IEC; mentres que como secretaria participou Ana Isabel Rodríguez, mestra e licenciada en Historia; sendo vogais o pintor, gravador e xestor cultural Antón Pulido; o arquitecto Óscar Gonfer; Emilio Fernández Vázquez, excomisario xefe da Policía Nacional en Vigo; Juan Antonio Rúa, notario, e J. Ignacio Fontaíñas, farmacéutico.

O Instituto de Estudios Carballiñeses dedicará un número monográfico da revista Ágora do Orcellón ao galardoado, número que será presentado o mesmo día da entrega do premio.

Anteriormente foron recoñecidos con esta distinción Xesús Alonso Montero, Mario Augusto Bunge e Antón Pulido.

21 ago 2019 / 21:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito