El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O grupo da Fundación Igualarte, en A Coruña

Membros do grupo da Fundación Igualarte - FOTO: G.
Membros do grupo da Fundación Igualarte - FOTO: G.

ECG   | 12.01.2019 
A- A+

'SONORO EMPEÑO' Afundación, a Obra Social de Abanca, acollerá hoxe, ás 12.00 h, a actuación do grupo de música da Fundación Igualarte, que realizará unha performance musical na Sede Afundación da Coruña. A interpretación enmárcase dentro do programa de actividades paralelas vinculadas á mostra Sonoro empeño. A música nas coleccións Abanca e Afundación, que se pode visitar ata o 2 de marzo. A entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade. O grupo de música Igualarte compóñeno sete membros do centro ocupacional da Fundación Igualarte. As súas interpretacións nacen da tradición musical de Galicia para reinterpretar un repertorio cun estilo propio e ritmos modernos. Zanfoña, pito galego ou acordeón son algúns dos instrumentos que utilizan.