El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Grupos de baile tradicional de toda Galicia engaiolan a máis de 400 espectadores na Estrada

FOTO: X.C.
Ver galería
FOTO: X.C.

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 29.04.2012 
A- A+

Este domingo foi un fermoso día para trinta agrupacións folclóricas de toda Galicia, que participaron na VIII Edición do Concurso de Baile Tradicional organizado polo grupo Tequexetéldere. Unha xornada na que a danza, as pandeiretas e as voces máis galegas se deron cita no Teatro Principal da Estrada. As espectaculares actuacións dos bailarís, enfundados en preciosos traxes tradicionais, os seus acompañamentos musicais e os aturuxos do apaixoado público compuxeron unha alegre festa.(Vexan aquí a galería de imaxes)

 

Os protagonistas da mañá foron os máis novos, que competiron con gran ilusión e acerto nas categorías A e B aloumiñados dende a grada polos ánimos e agarimo dos seus profesores, compañeiros e familiares. O programa foi o seguinte:


Categoría A:

  1. - “Os Pícaros” da Asociación Cultural Donaire - Interpretan: Muñeira.

  2. - “A Telleira” do Centro Cultural A Ponte Vella - Interpretan: Muñeira das Nogais.

  3. - “Os Chaneiros” da Asociación Artística Cultural Os Chaneiros - Interpretan: Mariñada de Pontevedra.

  4. - “D” da Escola da Muñeira Cantigas e Agarimos - Interpretan: Moliñeira de Murias de Rao

  5. - “Tarabeliños” da Asociación Cultural Donaire - Interpretan: Muñeira de Requesende


Categoría B:

  1. - “B” da Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio - Interpretan: Polka e Muñeira de Leira.

  2. - “7 Ferreñas” da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda - Interpretan: Danza de Antroido de Santa Cristina de Cobres.

  3. - “Os Tahumiños” do Grupo de Baile e Música Tradicional TAHÚME - Interpretan: Jota de Caroi.

  4. - “Chimpo” da Asociación Xuvenil Xiradela - Interpretan: Muñeira de San Román.

  5. - “C” da Escola de Muñeira de Cantigas e Agarimos - Interpretan: Muñeira e Jota de San Vicente de Oitavén.

  6. -“Donairiño” da Asociación Cultural Donaire - Interpretan: Muñeira e Jota de Torante.

  7. -“O muiño da Retorta” de Contro Cultural A Ponte Vella - Interpretan: Jota e Muñeira da Picota.


Tamén actuaron fora de concurso e para deleite do público os grupos “D” e “C” do Grupo Tequexetéldere, interpretando Muñeira e Muñeira de Cabaleiros, e as Pandeireteiras de Tequexetéldere coas pezas Mazurca de Toedo, Jota de Montillón e Muñeira de Fraíz.


Pola tarde tivo lugar a segunda parte do concurso, na que os maiores (mestres e compañeiros dos primeiros concursantes) fixeron gala da súa maior experiencia, defendendo as súas interpretacións nas categorías C e D ofrecendo un salientable espectáculo. As actuacións sucedéronse como segue:


Categoría C

  1. -“9 Ferreñas” da Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda - Interpretan: Pola Villa de Quindous.

  2. -“A” da Asociación Os Xeitosos de Trazo - Interpretan: Carballesa de Incio

  3. -“Fungueirazos” da Asociación Cultural Donaire – Interpretan: Muñeira e Maneo de San Román.

  4. -“Cinquilimpé” da Asociación Xuvenil Xiradela – Interpretan: Muñeira e Jota da Pontagra

  5. -“Escarabellos” da Asociación Folclórica Santiaguiños de Boimorto – Interpretan: Xota e Rumba de Lourido

  6. -“Tras do Eo” do Centro Cultural A Ponte Vella – Interpretan: Jota e Muñeira de Castro de Muras

  7. -“C” da Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio – Interpretan: Rumba e Muñeira de Teixeira de Bao


Categoría D:

  1. -“Repenicoque” da AsociaciónXuvenil Xiradela – Interpretan: Pola Vila de Vilaquinte

  2. -“Xabil”da Asociación cultural A Mámoa de Luou – Interpretan: Maneo e Muñeira de Limiñoa

  3. Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme – Interpretan: Muñeiras Punteadas de Bembibre

  4. -“Picote” da Asociación Cultural Donaire – Interpretan: Muñeira e Jota de Braño.

  5. -“Grupo A”da Escola de Muñeira Cantigas e Agarimos – Interpretan:Maneo e Muñeira de Erbecedo

  6. -Asociación Cultural “Mar de Arousa” de Bamio – Interpretan: Jota e Muñeira de Xestoso de Riba.


Tamén a modo de exibición e xa pechando a xornada, actuaron os compoñentes de Tequexetéldere coas pezas Jota e Muñeira de Arcos, Pasodobre de Castroxaz e Muiñeira da Ponte Maceira, Muñeira da samoza e Canto e Muñeira de Amiudal.


Ao rematar as actuacións da mañá e da tarde, o xurado deliberou axilmente e entregáronse os primeiro, segundo e terceiro premio a un grupo de cada categoría.


O público e os concursantes, satisfeitos, repetían á saída do evento que o importante é que o pasaron moi ben. Unha fermosa e eficaz maneira de recuperar a cultura galega e difundir o coñecemento e o amor pola nosa tradición entre as novas xeracións.

 

RESULTADOS

 

Categoria A:
1º Premio: "A Telleira" do C.C. A Ponte Vella
2º Premio: "D" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: "Tarabeliños" da Asociación Cultural Donaire

Categoria B:
1º Premio: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "B" da Asociación Cultural Os Trazantes e Tenorio

Accésits Categoría A e B
Mellor grupo de acompañamento: "7 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
Mellor vestiario: "O Muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella

Categoria C:
1º Premio: "9 Ferreñas" da Asociación de Música e Baile Vai de Roda
2º Premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella
3º Premio: "A" da Asociación Os Xeitosos de Trazo

Categoria D:
1º Premio: Grupo de Baile Tradicional Tahúme
2º Premio: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
3º Premio: Asociación Cultural Mar de Arousa de Bamio

Accésits Categoría C e D
Mellor grupo de acompañamento: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos
Mellor vestiario: "A" da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos