El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Homenaxe a Antonio Fraguas nestes festivos en O Carballiño e Mondoñedo

Xoán Curiel e Charo Pita, nun momento da súa obra ‘Canta, miña pedra, canta’ - FOTO: G.
Xoán Curiel e Charo Pita, nun momento da súa obra ‘Canta, miña pedra, canta’ - FOTO: G.

ECG  | 19.04.2019 
A- A+

FALAREDES O FalaRedes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará dúas paradas esta ponte de Semana Santa coa actividade Canta, miña pedra, canta.

A primeira cita estaba prevista para onte, no Carballiño, cunha función na praza Maior da vila, ás 19.00 horas, e que en caso de choiva sería trasladada ao Auditorio Municipal.

E na xornada de mañá, Xoán Curiel e Charo Pita emprazarán as familias mindonienses na Casa da Xuventude, a partir das 18.30 horas da tarde.

Canta, miña pedra, canta é a nova actividade que ten en carteleira esta primavera o FalaRedes 2019. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita son os encargados de achegarlle ás familias a obra de Antonio Fraguas, intelectual ao que este ano a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio.

O espectáculo combina narracións tradicionais antigas coas cantigas populares que o homenaxeado no Día das Letras desta edición recolleu nun dos seus libros máis significativos: o titulado Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...