El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A ilustradora que fixo que amemos a Ferrol

Elga Fernández Lamas lanza en decembro as súas postais irreverentes sobre o Camiño de Santiago // Na cidade naval triunfa cos seus festivos debuxos

Elga Fernández Lamas, cunha das súas camisetas ante Navantia-Ferrol.  - FOTO: ECG
Elga Fernández Lamas, cunha das súas camisetas ante Navantia-Ferrol. - FOTO: ECG

PATRICIA HERMIDA   | 27.09.2018 
A- A+

O mundo da ilustradora Elga Fernández Lamas é unha festa. Dúas mulleres brindan en rúas de Santiago co espíritu dos 80. Os ceos atardecen en laranxa sobre as vellas fábricas. E Ferrol aparece como a cidade que sempre soñamos polas noites: modernista, combativa e chea de vida. Cunha liña do ceo apuntalada por grandes edificios modernistas, grúas e as cores da felicidade. Pero sempre con corazón reivindicativo. As mulleres que brindan son Elisa e Marcela (o primeiro matrimonio entre dúas mulleres en España), pero trasladadas á libre Compostela actual. E xunto aos estaleiros ferroláns, ondean os buzos de traballo en claro apoio ao metal. Como dicían dos Clash, a obra de Fernández Lamas amosa as dificultades da vida pero dá forzas para seguir adiante. E sobre todo, nos ensina a amar (aínda máis) a Ferrol: "Para min é fantástica".

As súas creacións triunfan na cidade naval, con láminas, postais, camisetas e mesmo o libro Baixo as mesmas nubes (cos edificios máis representativos do Ferrol soñado, algún desaparecido como a Fábrica de Lápices). E para decembro lanzará unha nova e peculiar colección de postais sobre o Camiño de Santiago. "Cun certo aire punkie, coas estatuas do Pórtico da Gloria como as Franco's Family Souvenir ou un Apóstolo que pide ser abrazado polas costas", avanza Elga. Algunhas pezas xa poden verse en Instagram: "Será moi divertido, aparecen as figuras roubadas polos Franco, algo da Catedral, a torta de Santiago... son postais moi propias do Camiño para vender aos turistas".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt