El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Inaugura o CCG en Nova York a mostra "As benvidas"

ECG   | 16.04.2019 
A- A+

As benvidas é o título da nova exposición que o Consello da Cultura Galega (CCG) inaugurará hoxe na sociedade neoiorquina La Nacional. The Spanish benevolent.

A cita contará coa presenza de María Xosé Porteiro, membro da Comisión Executiva do CCG; o cónsul para asuntos culturais, Juan José Herrera, e os comisarios da mostra, James D. Fernández e Luis Argeo.

O proxecto expositivo documenta a amarga alegría das chegadas a través dos arquivos familiares dos descendentes dos emigrantes españois en Estados Unidos. Serve de contrapunto de Os adeuses, que o CCG inaugurou en febreiro no Museo das Migracións de Ellis Island, e que acaba de ser incluída na programación da Semana do Patrimonio Inmigrante que organiza o goberno da cidade de Nova York.

As benvidas é de pequeno tamaño e está comisariada por James D. Fernández e Luis Argeo, e escolma un traballo de case dez anos de dixitalización dos arquivos familiares dos descendentes españois en Estados Unidos. Nela inclúense fotografías, documentos persoais e materiais que contribúen a perfilar a mestura de sentimentos encontrados dos emigrantes no momento da chegada a aquel país.

Está dividida en cinco apartados: Non deixes de buscar ao tío Andrés, que xa sabe que chegas...; Lembra: o traballo e a economía, a maior lotería...; Apoiádevos os uns aos outros..., Non nos olvides e Volverás?.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...