El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Investigadores galegos diseñan productos dixitais cara ao turismo

A promoción inspírase en rutas culturais como as que existen para Dante en Florencia, para Cervantes en Castela ou para Shakespeare en Londres

Imaxe do casco vello da localidade de Ribadavía, que forma parte do proxecto - FOTO: ECG
Imaxe do casco vello da localidade de Ribadavía, que forma parte do proxecto - FOTO: ECG

IRENE JIMÉNEZ. SANTIAGO   | 05.05.2018 
A- A+

Investigadores da Rede están a desenvolver un proxecto piloto (Piloto I-Lírica), en colaboración coa Universidade de Porto, que afonda na historia, na arte e na literatura medievais. O obxectivo é deseñar e elaborar diversos produtos de carácter fundamentalmente divulgativo e de orientación turística, servíndose das máis avanzadas tecnoloxías da información.

"Inspirámonos en rutas culturais baseadas como as que existen para Dante en Florencia, para Cervantes en Castela, para Shakespeare en Londres ou, se pensamos nun autor contemporáneo, para Stieg Larsson en Estocolmo", indica a investigadora principal deste proxecto é Mariña Arbor, profesora de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago.

Nesta liña, estase a traballar en áreas moi concretas do sur de Galicia e norte de Portugal para, no marco do Interreg, "promocionar zonas deprimidas pero de elevado potencial artístico", di.

O equipo de investigación, que participa participa neste macroproxecto de investigación centrado no patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), seleccionou dúas áreas xeográficas moi concretas para desenvolver o proxecto, referentes do trobadorismo en Galicia e no norte de Portugal.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt