El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Irrumpe un criminal no pazo, hoxe en ‘Lobos e cordeiros’

A súa presenza revolucionará a familia do marqués e os seus criados// ‘Enserie.gal’ inclúe ‘Dalia, a modista’ e ‘Pepe o inglés’

Os actores Alberto Rolán, Aida Blanco y Adrián Ríos (por la izquierda)  dan vida aos personaxes de Lobos e Cordeiros. - FOTO: www.ladiapo.com
Os actores Alberto Rolán, Aida Blanco y Adrián Ríos (por la izquierda) dan vida aos personaxes de Lobos e Cordeiros. - FOTO: www.ladiapo.com

SANTIAGO. MARIO ÁLVAREZ  | 11.02.2019 
A- A+

Nun novo capítulo de Lobos e cordeiros esta noite na Televisión de Galicia, descobren un corazón ensanguentado e unha nota ameazante dirixida ao marqués cravada cun coitelo na mesa do seu despacho. A irrupción dun criminal no pazo revoluciona tanto a familia do marqués coma a vida dos seus criados. Esta presenza ameazadora xorde xusto cando está a piques de chegar a Viguña, localidade ficticia da serie, o almirante Bermúdez, pai do capitán, para facer firme o compromiso de seu fillo con Helena.

Creada baixo unha idea orixinal de José María Besteiro e coa produción executiva de Silvia Carneiro, Lobos e cordeiros está ambientada a finais do século XIX en Ourense conta na dirección con Giselle Llanio e Manuel Espiñeira, e é unha produción de Galliwood.

Os interiores foron gravados no centro de producións de TV que EL CORREO ten na súa sede do polígono compostelán de Costa Vella.

Na trama desta noite, ninguén imaxina que o que está a piques de facer Helena é fuxir con Mario, nin tampouco a verdadeira natureza do criminal. A vixilancia da Garda Civil por mor da visita do almirante, que é conde e amigo íntimo da Rexente, complica a fuxida de Mario e Helena.

Bermúdez, que ve como Helena volve defender a Mario cando pensa que o acusan de novo de ser cómplice da Loba, advírtelle que unha vez estean casados impediralle seguir vendo o mozo, xa que pensa despedilo para evitar rumores do que pode haber ou non entre eles.

Por outra parte, En serie.gal, espazo que recupera algunhas das series de éxito da canle pública galega, trae esta noite respectivas segundas entregas de Dalia, a modista e Pepe o inglés.

O Camiño de Santiago é sen dúbida un dos símbolos máis importantes de Galicia en todo o mundo. Para seguir promovéndoo está a ter lugar en Santiago, no Pazo de Congresos, o III Fairway, o gran foro sobre o Camiño de Santiago. A revista estará en directo neste evento, que reúne ata mañá mesas de debate, obradoiros e conferencias sobre o Camiño.

No eido das entrevistas, daranse algunhas pistas para resolver un dos grandes misterios da serie de ficción Lobos e cordeiros: descubrir quen é a verdadeira Pepa a Loba. E, paa iso, estarán no estudio do programa dúas das actrices cuxos personaxes son sospeitosas de seren a mítica bandoleira: as intérpretes Sabela Arán e Desirée Pillado.