Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Isaac Alonso Estraviz recibirá a Medalla de Ouro da Deputación de Ourense

Outórgalle a distinción o ente provincial pola súa defensa da lingua e a cultura galegas

    Santiago. O pleno da Deputación de Ourense aprobou onte, na sesión ordinaria correspondente ao mes de outubro, conceder a medalla de ouro da provincia ao lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz, nado en 1935 en Vilaseca, Trasmiras, pola súa defensa do noso idioma e da cultura galega.

    Isaac Alonso Estraviz publicou numerosos traballos filolóxicos e culturais, sendo unha das súas obras fundamentais Estudos Filolóxicos Galegoportugueses, publicado en 1987.

    Ademais traduciu ao galego importantes textos litúrxicos desde o latín e obras de diversos autores, e escribiu importantes ensaios sobre o futuro das linguas minoritarias na Europa comunitaria. Como lexicógrafo, é autor de obras sobre o léxico galego, merecendo especial consideración o Dicionario da Lingua Galega, magna obra da lexicografía galega.

    A corporación provincial nomeou como instrutor do Expediente de Honores ao deputado e vicepresidente segundo da institución, Armando Ojea Bouzo.

    25 oct 2019 / 20:54
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito