Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Luz Pozo, atravesada polo amor

Alvarellos Editora publica un volume de Andrés Pociña e Aurora Rodríguez que debulla a traxectoria vital e literaria da escritora de Ribadeo// ‘Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza’, que se presenta este xoves na Coruña, inclúe versos inéditos da autora

Leva a poesía inscrita no seu nome, unha promesa de metáforas e aliteracións en zigzag, fraccionada nunha secuencia de palabras de tres, catro e cinco letras: Luz Pozo Garza. A poeta de Ribadeo, unha das voces máis sólidas e recoñecidas da literatura galega contemporánea, é a protagonista do libro Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, que publica o selo Alvarellos Editora, e que se presentará o vindeiro xoves día 20, ás 20 horas, en Portas Ártabras, na rua da Sinagoga da Coruña. Canda a escritora estarán nese acto o editor Henrique Alvarellos e os autores do volume, a profesora Aurora López e o profesor Andrés Pociña. López e Pociña dedicáronlle máis de dez anos a este estudo biográfico e literario que revela unha poética, e unha existencia, atravesada pola vivencia do amor.

A figura de Luz Pozo Garza (1922) é singular no panorama literario galego, por moitas razóns. Unha delas, non menor, ten que ver coas súas orixes, o seu nacemento no seo dunha familia ilustrada, cultísima e de ideas progresistas, que lle procurou a mellor das educacións. Filla de Gonzalo Pozo y Pozo, veterinario republicano, e de Luz Garza Feijoo-Montenegro, mestra superior, falante de inglés e francés, estudante –lembra Carmen Blanco– en colexios de Vigo, Bélxica, Alemaña e Estados Unidos, Luz tivo na nai un modelo sobre o que construír a súa identidade. "A miña nai, sempre pendente de min, da miña vida, do meu porvir, da miña formación, literaria, musical, integral, é todo para min: o que sei débollo todo a ela", di.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

17 nov 2014 / 22:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito