El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Marco Foxo presenta o CD "Romances novos e vellos" no castelo de Monforte

Actuación no castelo de Monforte durante a presentación do CD de Marco Foxo - FOTO: ECG
Actuación no castelo de Monforte durante a presentación do CD de Marco Foxo - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 11.06.2019 
A- A+

Marco Foxo presentou onte o CD Romances novos e vellos, nun acto no Castelo de Monforte de Lemos que contou coa escenificación do Romance de dona Ildara.

Na presentación tomaron parte Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno, Tatiana Kostomorova, Lucía Calviño, Ana Belén Rodríguez, Marco e Xosé Lois Foxo.

Neste traballo participaron destacados músicos, especialistas en música étnica, procedentes de Irán, India, Armenia, Alemania e a comunidade galega.

A publicación está adicada á famosa romanceira de Fereirós do Caurel, quen transmitiu numerosos romances que se publicaron no seu día nos Cancioneiros de Músicas do Caurel. Aparte da selección de romances, inclúe temas que popularizou a orquesta Os Padernes, tales como o Bicarelo do Bico do Brelo, do que é autor da letra Uxío Novoneyra e da música Xerardo Fernández da Ferrería Vella.

O traballo mantén como filosofía a de ofrecer á poboación música que transmita "sosiego" nun mundo ruidoso, no que son precisamente os vellos romances que se cantaban a carón das lareiras un guiño aos tempos de paz sin presas.