Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O mes das Letras Galegas comeza co festival Mondoñedo é Poesía

Dialogan os poetas históricos mindonienses con voces actuais da literatura galega

A programación cultural do mes das Letras Galegas bota a andar coa cuarta edición do Festival Mondoñedo é Poesía, que se ­realizará o vindeiro 1 de maio, a partir das 17:00 horas, nas rúas e prazas do municipio lucense.
A programación deste ano presentárona onte en rolda de prensa a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Soto; o cronista oficial de Mondoñedo e membro do colectivo Mondoñedo É, Antonio Reigosa; e o ­secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen salientou o interese da iniciativa para “difundir e poñer en valor as voces actuais das letras galegas”.
Manuel Rivas, Eva Veiga, Marta Dacosta, Miriam Ferradáns, Modesto Fraga, Montse González, Ana Vila, Antón de Guizán, Antón Fortes, Carmen Lage, Carmen Rodríguez, Daniel Irimia, Eva García e Paloma Suanzes son os protagonistas este ano do recital poético musical, que terá lugar ás 19:00 horas no auditorio Pascual Veiga. Tampouco faltarán as regueifas nin as propostas artísticas, cunha exposición que terá como eixo a poesía.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 abr 2017 / 19:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito