El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Museo de Galicia vólvese escenario da ‘world music’

O espazo da Cidade da Cultura acolle esta noite en primicia o concerto dos artistas participantes en ‘Galicia Connection’

REDACCIÓN  | 13.04.2012 
A- A+

Santiago. Logo dunha mañá de ensaios abertos, a xornada de onte de Galicia Connection pechouse con dous Encontros Interculturais, o primeiro dedicado a un menú de músicas do mundo (Cuba, China, India e Arxentina), –no que os participantes afondaron no coñecemento de distintas tradicións musicais– e o segundo, baixo a fórmula do speed dating, ou cara a cara, no que os participantes mantiveron reunións informais cos artistas participantes que escolleran previamente.

A mañá de hoxe no Gaiás estará dedicado a un encontro con músico cubano Paquito D’Rivera, gañador de múltiples Grammys en categorías tan dispares como clásica, jazz, cross-over ou latin Jazz. Xa á noite terá lugar a fin de festa destas xornadas formativas e de convivio cultural que, baixo a dirección artística de Cristina Pato, veñen desenvolvéndose desde o mércores da Cidade da Cultura de Galicia.

A partir das 21 horas, xunto ao xenio do clarinete e do saxofón Paquito D´Rivera subirán ao escenario algunhas das figuras internacionais máis reputadas da world music

Más información en El Correo Gallego en Orbyt