El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Música e poemas para homenaxear a Díaz Pardo, mañá en Boisaca

'Os Catro de Vigo' interpretarán no acto a 'Marcha do Antigo Reino de Galicia'

EUROPA PRESS   | 12.01.2019 
A- A+

Santiago. A asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo organizará un acto que terá lugar mañá a partir das 12,30 horas no cemiterio santiagués de Boisaca para homenaxear ao intelectual no sétimo aniversario do seu falecemento.

O acto, conducido pola escritora Carmen Blanco Ramos, comezará cunha procesión cívica até a tumba de Díaz Pardo precedida do grupo de gaitas Os Catro de Vigo, que interpretarán a Marcha do Antigo Reino de Galicia. Ademais, Isabel Fonseca López recitará o poema 'Compañeiros dá miña xeración mortos ou asasinados' do escritor Lorenzo Varela.

Posteriormente, o escritor Perfecto Conde, Gregorio Ferreiro Fente, Manuel Lourenzo e Carlos Núñez recitarán unha serie de discursos en honra ao homenaxeado. Ademais, a compositora e cantante Bea a de Estrella interpretará unha canción.

Na segunda parte da homenaxe, destacados da literatura galega como Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Sabela Hermida, María Xosé Queizán, Manuel Landeira e Manuel Ucha, recitarán unha serie de poemas acompañados doutra actuación de Bea a de Estrella.

Na terceira parte da homenaxe, Mar Leas Barrientos e Pablo Pensado Pérez realizarán unha ofrenda floral e de mazás a Isaac Díaz Pardo. Tamén se soltarán pombas e Xesús Alonso Montero dará unhas palabras para clausurar o acto.