El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Ourense e Bath potenciarán as súas estratexias termais

Manuel Baltar reuniuse na cidade balnearia do Reino Unido co seu homólogo, Tim Warren, e analizaron a promoción

A esquerda, Manuel Baltar e o seu homólogo de Batt Somerset, Tim Warren - FOTO: Deputación de Ourense
A esquerda, Manuel Baltar e o seu homólogo de Batt Somerset, Tim Warren - FOTO: Deputación de Ourense

IRENE JIMÉNEZ OURENSE   | 28.11.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse na cidade balnearia de Bath (Reino Unido), na súa condición de vicepresidente da Asociación de cidades e vilas termais históricas de Europa (Ehtta), co seu homólogo Tim Warren, Bath and North East Somerset Council, con que analizou iniciativas de promoción e proxectos conxuntos "para seguir impulsando un turismo singular e de calidade no ámbito termal", destacou o presidente, "que beneficie e achegue competitividade aos territorios termais que integramos a rede termal europea, un dos maiores motores que impulsan o termalismo no mundo".

Baltar, quen na súa visita á histórica cidade balnearia de Bath tivo ocasión de coñecer os plans que desenvolve o territorio termal máis importante do Reino Unido, salientou o modelo termal competitivo de Bath, "demostrando o seu éxito e a gran capacidade de atracción da cultura termal, facendo que esta cidade triplicase en quince anos o seu número de visitantes, sendo a localidade que, neste período, máis prazas hoteleiras ten creado despois de Londres".

O presidente do goberno provincial remarcou "as similitudes que este territorio ten con Ourense nos ámbitos termal, cultural, da paisaxe e do patrimonio histórico-artístico", e destacou "a capacidade de dinamización demostrada en apenas tres décadas, converténdose nun dos principais centros de dinamización turística do Reino Unido".

Neste sentido, Baltar subliñou a fortaleza turística que demostra Bath e os demais territorios que integran a asociación termal europea "reside no potencial e na oferta de ocio e saúde que temos, porque o que nos diferencia en cultura, medio natural, historia e etnografía únese co denominador común da auga, un elemento que ao longo dos séculos foi a canle de comunicación que prestixio aos nosos pobos".

INTERÉS BRITÁNICO

Provincia termal

Warren interesouse polo desenvolvemento de Ourense, a provincia termal, que Baltar propuxo e que a Deputación está a levar a cabo conxutamente coa Xunta, destacando a importancia de que exista unha folla de ruta que aborde e actualice a realidade e as necesidades termais dun territorio, pois, dixo, "o termalismo é historia pero tamén é presente, e para que siga sendo futuro temos que seguir investindo en infraestruturas, melloras dos servizos e innovar con propostas de vangarda para seguir atraendo a un turismo singular e esixente".

Baltar e Warren concordaron en que iniciativas como a recentemente instaurada en Budapest de proclamar o 12 de outubro como Día europeo do patrimonio termal "supoñen un impulso para afianzar o termalismo europeo no ámbito internacional do turismo de natureza e saúde", expresou Manuel Baltar.