El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A Ourense ICC Week 2020 celebrarase do 1 ao 5 de abril

Esta cita está consolidada como "un referente nacional de vangarda e tendencias", asegura o presidente de Deputación

Aurelio Gómez, Manuel Araújo, o presidente Manuel Baltar e Juan Rivas . - FOTO: DOu
Aurelio Gómez, Manuel Araújo, o presidente Manuel Baltar e Juan Rivas . - FOTO: DOu

MARÍA ABASCAL OURENSE   | 19.08.2019 
A- A+

A Ourense ICC Week 2020 celebrarase do 1 ao 5 do mes de abril, convertendo á provincia, unha vez máis, en lugar de encontro para as industrias culturais e ­creativas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos coordinadores da Ourense ICC Week, Juan Rivas e Manuel Araújo, e co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, para fixar as datas de celebración da vindeira edición, determinar os espazos nos que se desenvolverán as actividades e avanzar na programación.

A Ourense ICC Week, que organiza anualmente a Deputación de Ourense, está consolidada como "un referente nacional de vangarda e tendencias nas disciplinas creativas", dixo o presidente do goberno provincial. E, na edición de 2020, a programación da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense desenvolveranse na capital da provincia, Ribadavia, A Rúa e Nogueira de Ramuín, convertendo a estes municipios ourensáns nos lugares de encontro para centos de emprendedores, expertos e creativos.

O presidente da Deputación de Ourense confirma que "toda a provincia debe sentirse protagonista deste marco cultural e creativo nacional, razón pola que Valdeorras, Ribadavia, a Ribeira Sacra, xunto coa capital termal de España, serán a localización perfecta para un encontro único".


máis de 70 horas. Esta nova edición vén avalada polo éxito da edición de 2019 que ofreceu aos participantes máis de 70 horas de programación nunha decena de campos de vangarda creativa, aglutinando nun mesmo evento moda, actualidade, publicidade, tendencias tecnolóxicas, videoxogos e espectáculos musicais, que converteron a Ourense no epicentro cultural de Galicia.

A programación de 2019 ocupou, polo tanto, máis de 70 horas de axenda cultural, en ata oito espazos diferentes da cidade de Ourense. En total foron 23 citas na programación con 13 mesas de traballo con 25 relatores, 7 concertos de diferentes estilos e outras opcións de ocio para os nenos, así como competicións de videoxogos e espectáculos de humor.

creatividade e cultura

••• A Ourense ICC Week 2019 citou en ­Ourense a referentes de diversos sectores creativos e culturais como Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García, Adriana Domínguez, Iker Jiménez ou Kiko Veneno.

••• Nas redes podemos ver un vídeo resumo da edición 2019 da Ourense ICC Week que demostra que Ourense é "unha provincia creativa e o escenario idóneo para que flúan as últimas tendencias en escenarios cun inmenso valor patrimonial e peso histórico", dixo Manuel ­Baltar.

••• Vídeo resumo: https://youtu.be/Ihz7NrVXjqM