El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Peque Peixe difunde o nome dos animais mariños entre os nenos

Arranca o proxecto da Secretaría Xeral de Política Lingüística na lonxa de Burela

Javier García Galdo e Valentín García, na presentación do proxecto onte en Burela - FOTO: G.
Javier García Galdo e Valentín García, na presentación do proxecto onte en Burela - FOTO: G.

SANTIAGO ECG  | 03.05.2019 
A- A+

A lonxa de Burela foi durante toda a mañá de onte o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira en galego.

O secretario xeral, Valentín García, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, participaron no acto, un evento que contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA).

Fixérono xunto a 132 pequenos de tres CEIP da comarca, que recibiron unha das seis unidades didácticas de Peque Peixe e que poden descargarse no web www.pequepeixe.gal.

García lembroulles "que Galicia é unha terra con moito mar e onde moita xente vive deste, así que a nosa lingua propia conta con nomes ben expresivos e axeitados para denominar os peixes que comemos".

Por este motivo, fixo un chamamento "a seguir empregándoos e a facelos visibles nos carteis das peixarías, das prazas e dos supermercados, así como a transmitírllelos aos nosos fillos e fillas cando nos sentamos con eles á mesa a compartirmos o tan saudable hábito de comer peixe".

Visita cos Bolechas. Os 132 estudantes de segundo de primaria dos Virxe do Carme de Burela, Fondo Nois de Foz e Península da Paz de San Cibrao tiveron ocasión de percorrer a lonxa de Burela acompañados por uns guías moi especiais: os Bolechas, personaxes do debuxante Pepe Carreiro que, como os cativos ben saben e comprobaron tamén nesta ocasión, falan en galego nos libros, na televisión e no contacto directo.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...