El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O peso do exemplo da familia é moi importante

REDACCIÓN   | 15.02.2020 
A- A+

Santiago. O Ministerio de Cultura e Deporte inclúe por primeira vez na súa enquisa un bloque que analiza as prácticas culturais na infancia (entre 0 e 14 anos). En Galicia xa se coñecían datos semellantes por mor dun bloque sobre convivencia e hábitos familiares nunha enquisa de 2016 realizada polo Instituto Galego de Estatística.

Estes novos datos reforzan a idea do exemplo que pais e nais exercen sobre os seus descendentes no que atinxe aos seus hábitos culturais. Dous terzos da poboación galega que le tiña nais e pais lectores.

E iso sucede coa metade dos que van ao cine, asisten a espectáculos escénicos e musicais e visitan de forma habitual museos.

De igual xeito, os proxenitores en Galicia con crianzas menores de 18 anos tenden a acompañalas nas actividades culturais n­unha medida parecida á do conxunto dos pais e nais españois, malia que van algo menos ao cine e un pouco máis a espectáculos escénicos e musicais.

A redacción deste informe baséase na exploración da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2018-2019, realizada polo Ministerio de Cultura.

Trátase dunha investigación dirixida a unha mostra dun total de 16.000 persoas de quince anos en adiante residentes en España.

O proxecto enmárcase no Plan Estatístico Nacional. Para o caso da comunidade galega fixéronse 952 entrevistas, que son as que utilizáronse para o presente informe.