El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Pilar Pallarés falou en Chan da Pólvora do seu 'Tempo fósil'

A editorial celebrará esta tarde os seus dous primeiros anos, no Museo do Pobo Galego

Pilar Pallarés, esq., onte durante a presentación da súa última obra - FOTO: Manolo Martínez
Pilar Pallarés, esq., onte durante a presentación da súa última obra - FOTO: Manolo Martínez

MARIO ÁLVAREZ. SANTIAGO   | 22.06.2018 
A- A+

"Eu vexo o noso destino, o dos que habitamos este tempo histórico en que son arrasadas todas as raíces, como o duns mortos con vida, zombis condenados a contemplar e sentir a aniquilación", asegurou onte Pilar Pallarés, autora de Tempo fosil, o seu último libro, que rompe con case unha década de silencio. Tempo fósil, publicado por Chan da Pólvora Editora, presentouse onte en Compostela nun acto co que a editorial e a homónima librería celebraban o solsticio do verán. Outra poeta, Eva Veiga, foi a encargada de introducir o acto no que participou, tamén, o director do selo, Antón Lopo.

A liña xeral do libro é, segundo subliñou a autora, "a destrución dun lugar" e, xa desde un ámbito privado,"a crónica da aniquilación dunha familia e a inconsistencia, a imposibilidade de deixar pegada". O punto de partida foi a destrución da casa familiar.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...