El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Mestre Mateo 2012

Os Premios Mestre Mateo reivindican que a pesar da crise a cultura importa

Máis de 900 persoas encheron o Palexco da Coruña e desfrutaron da man da presentadora María Castro e o guión e dirección de Ángel de la Cruz

29.04.2012 
A- A+

Todos os discursos pediron que non se deixe de lado o sector do audiovisual e que se faga unha política pública consensuada co sector

Nesta edición as produccións máis premiadas foron Arrugas con cinco nominacións, Doentes con outras cinco, Matalobos con catro e Tralas Luces con tres e Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde con outros tres.


Os Premios Mestre Mateo 2011 estiveron moi repartidos este ano, premiándose case co mesmo número galardóns producións de televisión, cine, animación e documentais. A longa de animación Arrugas recibiu cinco premios, a longa de ficción Doentes outros cinco, a serie Matalobos catro, a longa documental Tralas Luces tres e a película de televisión Condesa Rebelde outros tres.

A gala estivo repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, dos gañadores e do propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro. As máis de 900 persoas que encheron o auditorio Gaviota do Palexco de A Coruña ríron, aplaudiron e sobre todo festexaron a boa saúde creativa do audiovisual galego.

A actriz María Castro foi unha das máis laureadas da noite por levar o peso de gran parte da gala, que solventou con completos monólogos, números musicais e moito humor durante dúas horas e media. Oliver Twist interpretada por máis de 50 nenos, Pennies from heaven por María Castro, Se eu fora rico por Luis Tosar ou o “Acuarius” do musical Hair pola presentadora foron os pratos musicais da noite, que repasou cunha ollada ácida pero tamén optimista as crises máis importantes dos últimos séculos, desde a Revolución Industrial do século XIX ata a presente, tendo claro que toda crise pasada foi sempre peor.

Uns dos momentos cumbre foi cando a mestra de cerimonias se achegou ao conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e sentada nas pernas do presidente da Academia, Antonio Mourelos, agasallou o político cunhas tesoiras por se quería facer algún recorte máis.

Principais reivindicacións

A maioría dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que se siga apoindo a produción propia, posto que o audiovisual é un sector estratéxico que xenera moitos postos de traballo e sentido de pais.

Antonio Mourelos, presidente da Academia, destacou no seu discurso que non foi doado cumprir os 10 anos de existencia da institución, pero non quixo volver a insistir no talento, profesionalidade e creatividade do sector do audiovisual galego, porque “estamos cansos de ir de despacho en despacho para dicir que somos un sector importante que da traballo a moita xente, quen o ten que saber xa o sabe e se non fai nada porque non quere ou porque non lle deixan”. Aínda que Mourelos recoñeceu que tamén hai que facer autocrítica para ter cada vez producións de máis calidade e buscar investimento aquí e fóra. “Digámoslle a quen corresponda que a cultura importa”, rematou.

Pola súa banda, Dolores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento dicindo que supón un estímulo para seguir traballando. “O audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro”, afirmou. “Ten que facerse unha política de audiovisual clara e consensuada con sector para poder superar a situación actual”, engadiu na mesma liña que moitos dos galardoados esta edición.

Presenza institucional
 
Os representantes das institucións públicas e privadas que estiveron presentes na gala foron o Conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad, o alcade da Coruña, Carlos Negreira, os portavoces do grupo socialista, Francisco Cerviño e do grupo nacionalista, Ana Pontón, a concelleira de Cultura de A Coruña, María Fernández, deputado do BNG, Francisco Jorquera, o director xerente do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla, a concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, a vicepresidenta 2ª da Academia Española de Cine, Judith Collel, representante da Academia de Cine Catalana, Xavi Lite.

GANADORES

Obra publicitaria    
Colección de cortiniñas  (TVG-Abano Producións S.L.)

Interpretación feminina de reparto
Camila Bossa    (Matalobos)

Interpretación masculina de reparto
Antonio Mourelos  (Matalobos)

Curta de animación
El club del bromista  (Luís Usón e Usón Studio)

Curta de ficción
As damas negras (Sonia Méndez e Oroboro Films)

Obra experimental
De amor e cantería (Píxel Films e Fundación Manuel María)

Maquillaxe e perruquería
Mara Collazo, Chicha Blanco     (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)

Deseño de vestiario
María Gil  (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)

Dirección artística
Paco Roca (Arrugas)
Alexandra Fernández (Doentes)

Montaxe
Sandra Sánchez E Nahum C. Fiuza (Tralas Luces)

Dirección de produción
Enrique Batet     (Doentes)

Dirección de fotografía
Suso Bello- A.E.C. (Doentes)

Mellor documental
As silenciadas     (Mr Misto Films S.L)

Programa de televisión
Zigzag Diario (TVG)

Obra interactiva
Area fai seis (Instituto Galego De Consumo (Igc), Editorial Galaxia, Ánxeles Abelleira e Moonbite)

Son
Diego S. Staub, Carlos García, Miguel Barbosa  (Arrugas)

Música orixinal
Nani García (Arrugas)

Longa documental
Tralas Luces    (Tic Tac Producciones en coprodución con Lagarto Cine, Ukbar Filmes e TVG)

Interpretación masculina protagonista
Antonio Durán "Morris" (Doentes)

Interpretación feminina protagonista
Susana Dans    (Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)

Comunicador de televisión
Roberto Vilar    (Land Rober)

Guión
Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca, Rosanna Cechinni (Arrugas)

Realización
Marta Piñeiro, Judas Diz (Matalobos)

Dirección
Sandra Sánchez (Tralas Luces)

Película TV
Eduardo Barreiros, O Henry Ford Galego (Continental Producciones, Salero Films e TVG)

Longametraxe de animación
Arrugas (Perro Verde Films S.L., Cromosoma S.A. Elephant In The Black Box e TVG)

Serie de televisión
Matalobos (Voz Audiovisual S.A.U. e TVG)

Longametraxe de ficción
Doentes (Filmanova Invest S.A.U., Zircozine, TVG e R)