Preocupación no CCG pola pérdida de galegofalantes na comunidade
Reprocha á Xunta que algúns dos seus representantes non usen o idioma galego
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, sinalou que "ve con preocupación" a perda de galegofalantes e recriminou a "algúns representantes políticos" da Xunta a súa falta de uso. "Sempre estamos a falar de loitar pola perviven- cia do idioma. Diciámolo hai 50 anos e seguímolo dicindo agora. Por aquel entón tiñamos moitas esperanzas, que parecían ben fundadas, en que o autogoberno e a recuperación dos dereitos lingüísticos ían supoñer unha quebra na perda de falan- tes que o idioma tiña, que era moito menos signifi- cativa do que se percibe neste momento", asegurou Álvarez nunha entrevista en RNE recollida pola axencia Europa Press.
Neste sentido, a presidenta do Consello apuntou que "é motivo de preocupación" que, a pesar do autogoberno e da implementación de medidas a favor do galego non se interrompeu a "sangría" de falantes. Así mesmo, Álvarez asegurou non ser "pesimista" con esta situación. "Estamos en condicións de saber que é o que lle pasa ao paciente e como o podemos coidar", engadiu. Preguntada polo uso do galego por parte do Goberno autonómico, explicou que "o compromiso non é igual por parte de todos". Así, declarou que por parte de "algunhas instancias da Xunta e algunhas persoas que serven de portavoz á Xunta hai un compromiso sincero co idioma". "Non podo dicir que sexa o mesmo para todas as persoas. Moitas veces non é raro ver algúns dos representantes políticos falando castelán de forma innecesaria, dirixíndose dentro desta sociedade", dixo.
Emigración