El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

RECOÑECEMENTO

Presenta a Academia o cartel co que vai celebrar en abril o Día das Artes Galegas

ECG   | 26.03.2020 
A- A+

A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do Día das Artes Galegas en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da sección de Artes da Imaxe, Xosé Díaz Arias de Castro, a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta institución.

Ao longo do ano 2020 e na xornada do Día das Artes Galegas sucédense unha morea de actos que teñen como obxectivo o estudio, a difusión e a posta en valor de canto significa a vida e a obra do arquitecto Domingo de Andrade, represente do Barroco galego.