El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Preto de mil estudantes amosan en Vigo a súa creatividade tecnolóxica

MASCOTA Un equipo do Instituto San Rosendo de Mondoñedo, apostou por darlle forma redondeada ao seu robot e por iso elixiron caracterizalo como a mascota virutal Pou
MASCOTA Un equipo do Instituto San Rosendo de Mondoñedo, apostou por darlle forma redondeada ao seu robot e por iso elixiron caracterizalo como a mascota virutal Pou "e como somos dunha zona agrícola quixemos poñerlle algo moi típico, unha gorra de Biona", dixeron onte. - FOTO: DUVI

M. DEL RÍO/VIGO   | 05.05.2018 
A- A+

Despois de meses de traballo no deseño, construción e verificación, onte foi o día de poñer a proba os robots. Preto de 1.000 alumnos e alumnas das catro provincias déronse cita este venres no campus de Vigo para presentar as súas creacións tecnolóxicas na cuarta edición da Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial, organizada en colaboración co estudantado do Institute of Electrical and Electronics Engineers e de International Society of Automation.

A iniciativa que ten como finalidade achegar a Universidade de Vigo ao alumnado do ensino secundario e fomentar o interese dos rapaces e rapazas polas disciplinas tecnolóxicas e a enxeñaría en particular.

ESTIMULAR AOS RAPACES Segundo explica Juan E. Pardo, director da EE Industrial, a idea é "estimular aos rapaces e rapazas para que se manexen coas novas tecnoloxías, a robótica e as disciplinas Steam", aquelas relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, a arte e as matemáticas. Ademais, apunta, "supón unha experiencia de intercambio do traballado nos seus respectivos centros, algo que é moi positivo para todos".

DUVI
PLAYBOT Los miembros del equipo do IES Auga da Laxe de Gondomar fueron parte del casi doble centenar de centros gallegos implicados en esta jornada viguesa que debe servir de ejemplo para crear otras citas similares que motiven al alumnado.
FOTO: DUVI

Dende a posta en marcha desta competición en 2015, a aceptación non fixo máis ca crecer, e este ano é o de maior participación, con 183 equipos.

A competición artéllase en dúas categorías: Wall-E, dirixida a estudantado de ensino secundario e Bacharelato, e R2D2, orientada a ciclos superiores e estudos universitarios.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt