El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Proxección especial en Santiago dun espisodio de ‘Lobos e Cordeiros’

Hoxe, nese acto van a contar o segredo do nome do personaxe de ‘Pepa A Loba’

ECG SANTIAGO  | 12.02.2019 
A- A+

A Televisión de Galicia (TVG) vai facer hoxe en Santiago unha proxección especial dun capítulo da serie de ficción Lobos e Cordeiros, no que se desvelará quen é Pepa A Loba, un dos segredos desta trama de amor e misterio.

O acto terá lugar o martes no Auditorio Abanca (rúa Preguntoiro 23), coa participación de varios membros do equipo deste serial de éxito na noite dos luns na canle pública galega. Lobos e Cordeiros é unha coprodución de ficción da CRTVG e Galiwood. Plantexada como serie de época, narra, a través da historia de tres familias, a vida en Galicia a finais do século XIX.

É unha produción de José María Besteiro, con Giselle Llanio e Manuel Espiñeira na dirección.

Conta con máis dunha vintena de personaxes no reparto principal, que encabezan Luís Iglesia, Miquel Ínsua, Susana Sampedro, Sabela Arán, César Cambeiro, Camila Bossa, Josito Porto, Adrián Ríos, Desiré Pillado, Sara Sanz, Mónica García, Alberto Rolán, Patricia Torres e Víctor Fábregas, entre outros.