El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

"O público agradece o teatro en versión orixinal"

Manuel Cortés e Patricia de Lorenzo, de Chévere - FOTO: Autor
Manuel Cortés e Patricia de Lorenzo, de Chévere - FOTO: Autor

REDACCIÓN   | 11.07.2018 
A- A+

O público de teatro está afeito a acudir a espectáculos en versión orixinal, pero cando unha obra foi creada nunha lingua cooficial do Estado e se representa nunha comunidade distinta segue sendo habitual que se opte pola tradución ao castelán. O costume contrasta coa boa acollida xeral que recibe a versión orixinal, salientan Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, integrantes desde os seus inicios de Chévere, Premio Nacional de Teatro en 2014. Os dous participaron onte nos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, organizados pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da USC, cun relatorio no que abordaron a súa experiencia coa versión orixinal.