El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A RAG abre o seu arquivo e publica escritos históricos sobre Casares

Grandes da cultura galega como Fernández del Riego ou Piñeiro respaldaron hai cuarenta anos a súa chegada a institución // O sábado cumpriranse 39 anos do seu nomeamento

Nadal de 1975, proposta da candidatura á RAG (izda) y Xuño 1976, dictame de Fernández del Riego
Nadal de 1975, proposta da candidatura á RAG (izda) y Xuño 1976, dictame de Fernández del Riego

KARMELE VÁZQUEZ SANTIAGO  | 25.05.2017 
A- A+

Nas vésperas do aniversario do seu ingreso na Real Academia Galega (RAG), a institución fai pública a través de academia.gal, unha serie de documentos arredor do proceso que converteu a Carlos Casares no membro de número máis novo, con 36 anos de idade, na sesión do 27 de maio de 1978.
Trátase de cinco documentos, algún deles manuscrito, conservados no arquivo da RAG e asinados por figuras senlleiras da nosa cultura, como é o caso de Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro ou Rafael Dieste, entre outros.
Foi precisamente no Nadal de 1975 cando Marino Dónega, Piñeiro e García Sabell remiten á RAG unha carta para propoñer a Casares en substitución do finado Xesús Ferro Couselo. Naquel entón Casares era profesor de Lingua e Literatura no instituto de Cangas de Morrazo e que xa publicara en anos anteriores obras como Xoguetes para un tempo prohibido, Cambio en tres ou Vento ferido.
Outro dos tesouros descubertos agora pola RAG é a carta que no ano 1976, Francisco Fernández del Riego dirixía á Academia para defender a idoneidade do ourensán como novo membro da Academia Galega “incorporaráse un dos valores literarios de máis rexa personalidade da nova vida xeneracional galega á laboura futura da Corporación”, nun texto que forma tamén parte do expediente da RAG de Casares.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt