Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Ramón Piñeiro para Alfonso Mato e Santiago Lamas

O ensaio galardoado aborda unha peregrinaxe da xeración Nós a Santo André de Teixido

A obra De camiños, viaxeiros e caminantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo, da que son autores Alfonso Mato e Santiago Lamas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse onte no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago, onde unhas horas máis tarde foi presentado o nome da obra gañadora en rolda de prensa por parte de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia; Amalia Baltar, en representación de Gas Natural-Fenosa; e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Tamén estiveron presentes Luis Alonso Girgado e Carlos Lema, membros do xurado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

21 dic 2015 / 20:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito