El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A rede Cemit conectará a papá Noel con 1.500 nenos por videoconferencia

FOTO: ECG
FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 07.12.2018 
A- A+

32 CONCELLOS Entre o 10 e o 20 de decembro 1.478 alumnos de educación infantil de 32 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas Cemit, presentes en todas as comarcas galegas. Así, os escolares de Educación Infantil de Muros, Celanova, Marín e Barreiros serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas Cemit destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada localidade.

Nos seguintes días, ata o 20 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Arzúa, Bande, Bearíz, Betanzos, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Cerceda, Ferrol, Fisterra, Leiro, Narón, Negreira, Ourense, Ortigueira, Pontedeume, Quiroga, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar así as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel e un1.478 total de 48 sesións.