El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O reto: cruzar o Atlántico remando contra o cancro

Dous galegos, un deseñador gráfico e un arquitecto, atravesarán o océano nun bote de sete metros como primeiro equipo español da regata Atlantic Challenge. Prentenden colaborar coa fundación altruista CRIS.

OS TRIPULANTES  Jesús de la Torre e Jorge Pena, a bordo da embarcación ‘Remolón’
OS TRIPULANTES Jesús de la Torre e Jorge Pena, a bordo da embarcación ‘Remolón’

FERNANDO FRANJO  | 01.05.2017 
A- A+

Cubrir a remo nun bote de pouco máis de sete metros o percorrido de tres mil millas náuticas que separan a illas de Gomera, en Canarias, e a illa Antigua, nas Antillas caribeñas. Ese é o gran desafío que teñen ante sí os galegos Jorge Pena e Jesús de la Torre. Eles integrarán o primeiro equipo español en cruzar nunha embarcación a remo o océano Atlántico na prestixiosa regata internacional Talisker Whisky Atlantic Challenge.
O Remolón sairá ao mar en decembro, pero hai máis dun ano que a decisión está tomada. Non hai volta atrás. Apaixoados pola vela, o madrileño aínda que galego de adopción, Jesús de la Torre, profesional das artes gráficas e que cumprirá 64 anos en alta mar, e o coruñés Jorge Pena, arquitecto de 53 anos, aínda que xa profesional da navegación, unen tesón e experiencia. Ambos están sometidos hai meses a unha intensa preparación física e psicolóxica como primeiros españois que afrontan esta proba Atlantic Challenge. Son os de maior idade e un dos equipos máis veteranos que aceptan o reto de cruzar o Atlántico en toda a historia e nunha proba que, debido ó seu alto nivel e dureza conta cun enorme seguimento en todo o mundo. “Ímolo conseguir”, apuntan. Están convencidos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt