El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Os retratos da infancia magoada no 'O Neno Can'

Os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro ofrecen no volume a xeografía humana da dor e do sufrimento infantil

ANA MARGARIDA RAMOS UAVEIRO/LIJMI MAR FERNÁNDEZ VÁZQUEZ   | 19.09.2012 
A- A+

A literatura infantil pode ser o lugar de celebración da alegría da inocencia, mais tamén a voz da denuncia ante os abusos que contra ela se cometen. En O Neno Can (Galaxia, 2012), Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) e Francisco Castro (Vigo, 1966) transitan polos corredores sombríos dunha infancia dorida e magoada, chamando a atención cara á dureza das condicións de vida experimentadas por moitos nenos e nenas no mundo enteiro.

Construído como unha antoloxía de cinco relatos curtos, o volume toma como referencia a declaración universal dos dereitos da infancia, da que selecciona algúns dos artigos máis sobresaíntes que se inclúen como separadores dos contos. Estes percorren diferentes latitudes, establecendo unha xeografía humana da dor e do sufrimento infantís, contando historias de fame, abandono e violencia.

Os protagonistas das historias -Aakesh, Nadim, Altair, Leila e Carlos- permiten atribuír un rostro ás vítimas inocentes, tornando as historias máis persoais, e tamén máis dramáticas, ás veces case fisicamente perturbadoras.

Más información en El Correo Gallego en Orbyt