El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Riechmann, hoxe no ciclo virtual do Consello da Cultura

Cada xoves convidan ó público a unha nova reflexión coa cultura da man de pensadores

REDACCIÓN  | 26.03.2020 
A- A+

Jorge Riechmann é un recoñecido filósofo, poeta e ecoloxista. Nas súas continuadas intervencións fala sobre a sustentabilidade e tamén alerta que nos encamiñamos cara a un planeta inhóspito. O seu pensamento non pode estar máis de actualidade e por iso a conferencia que impartiu no Consello da Cultura Galega (CCG) abre hoxe o ciclo virtual (Re)pensamos. Cada xoves, o web institucional recuperará un relatorio de recoñecidas figuras do pensamento que reflexionan sobre un aspecto da actualidade.

Ofrecen o vídeo da intervención que tivo lugar na sede da institución ademais do texto que cada autor preparou sobre esa materia e que integra a publicación Cultura, sentido e política.

Cada xoves convidan ó público a unha nova reflexión coa cultura da man de recoñecidos pensadores que estiveron no CCG. A intención é recuperar un material de reflexión en boca dos seus protagonistas e ofrecer un novo espazo para que a cidadanía poida volver pensar a actualidade. ​

Este ciclo virtual ofrece o vídeo da intervención que tivo lugar na sede da institución xunto co texto posterior que cada autor elaborou para formar parte da publicación Cultura, sentido e política. Esta primeira recalada da xenela dixital comeza con Jorge Riechmann e máis co seu relatorio Cara a unha cultura de sustentabilidade (valores, mudanza cultural e ecosocialismo no século da gran proba) como aposta pola cultura valente.