El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Presentador de la TVG

Rodrigo Vázquez: “Para ser un bo comunicador hai que ser un mesmo”

{ Ourense, 1987 } Novel como entrevistado, candidato en dúas ocasións ao Premio Mestre Mateo a mellor comunicador. Sen tempo para foguearse en castings, devora a grella televisiva. Con el, Galicia é “O País máis grande do mundo”, as gaitas soan latinas en “Verbenalia” e os días son máis “happy”. Este ourensán resulta entretido, natural e sen filtro. Elocuencia propia dun amor irrefreable pola TVG.

GEMMA R. VEGA SANTIAGO  | 06.04.2017 
A- A+

Finalista por segundo ano consecutivo ao Mestre Mateo como mellor comunicador. Finalmente, o premiado foi Roberto Vilar. Confese Rodrigo, albergaba que fose un erro como na gala dos Óscar?
Honestamente, non. Despois de pasar os nervios ata ese intre, mellor que xa sexa de Roberto. Meréceo. Se fósemos os primeiros en facer a “cagada” aínda quedaría ben, pero para ir de segundo prato case mellor así, que o leve ao que primeiro nomeen. Non te vou enganar, prefería gañalo eu. En calquera caso, asinaba con estar vinte anos nomeado sen que me desen o premio, xa que iso sería un bo sinal; que estou a facer novos traballos e aínda estou aí.

Por que, en xeral, os premios audiovisuais españois son cabezóns e os americanos esveltos?
(Risas) Será porque a cultura americana é moi estilizada e en Hollywood todo é máis resplandecente. O deseño dos Mestre Mateo é acertado polo que representan. Foi o primeiro gran artista galego a nivel mundial como responsable do Pórtico da Gloria. Sendo unha figura medieval non podería ser dourada. Igual se fósemos cara ó gótico ou ó Barroco, caería algo con máis floripondios.

Para ser un bo comunicador, hai que crear un personaxe ou ser un mesmo?

Ser un mesmo. Hai unha frase que ma dixo unha das primeiras persoas que apostou por min, José Manuel Martín, Director de Programas, e marcoume moito: “Todos temos algo no que somos os mellores do mundo”. En ser nós mesmos, si somos os mellores. A mellor forma de destacar e ser diferente é ser honesto cos compañeiros e co público.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt