El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

‘A rosa das cen follas’ de Cabanillas xa está na Real Academia

A depositou Jorge Parga, que a atopou entre as cousas do seu pai, o insigne xeólogo Isidro

ALBERTO MARTÍNEZ. A CORUÑA  | 11.01.2013 
A- A+

Jorge Parga Peinador, home de apelidos galegos de avoengo, fillo do insigne xeólogo Isidro Parga Pondal, neto de Enrique Peinador fundador do Balneario de Mondariz, e parente de Eduardo Pondal Abente, atopou entre as cousas do seu paí o manuscrito da obra "A rosa das cen follas", escrita por Ramón Cabanillas, así coma outros documentos, que onte entregou a Real Academia Galega.

Fai algo máis de dez anos xa fixera entrega de toda a documentación que tiña de seu pai, máis agora o novo achadego destes poemas de xuventude de Cabanillas, fai que tivera a sua posta en valor nun sinxelo acto, no que ademáis do presidente e secretario da rexia institución, Xosé Luis Méndez Ferrín e Xosé Luis Axeitos, participou o experto en filoloxía, Manuel Ferreiro.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt