Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rosalía de Castro e a paixón por Mugardos

'Cantares Gallegos' adica versos á festa do Seixo // A través de varias homenaxes, investigadores de Ferrolterra volven a descubrir a relación da poeta con esta vila

    Si a vernos, Marica, nantronte viñeras/ á festa do Seixo na beira do mar/ ti riras, Marica, cal nunca te riches/ debaixo dos pinos do verde pinar. Estes versos do Cantares Gallegos falan da eclosión festiva dunha Ferrolterra en auxe, cando a súa economía funcionaba como unha locomotora entre 1853 e 1863. Durante esa década máxica, a cidade naval duplicou poboación, O Seixo funcionaba como principal entrada á ría... e a gran Rosalía de Castro convertiuse en devota visitante deste enclave ilídico. A estreita relación da ilustre escritora coa vila de Mugardos recupérase agora a través dunha serie de homenaxes, impulsadas por varios investigadores co apoio do concello. Un libro, unha obra de teatro, unha placa e mesmo unha cea co espíritu do XIX amosan o impacto na ría dunha Rosalía que amosa aquí a súa alma máis festiva.

    A investigación estivo impulsada polas inquedanzas de Jorge Gómez. Un dos participantes no proxecto, Henrique Sanfiz (xornalista de Radio Fene), indica que os citados versos aparecen "a raíz da segunda edición dos Cantares Gallegos, e no Seixo existía unha tradición oral sobre as visitas de Rosalía". A poeta tiña amistade coa familia propietaria dunha fábrica de tecidos, a cargo de Ángel López de la Fuente. E os investigadores (Gómez, Sanfiz, Miguel Rodríguez e Xan Carneiro) mergulláronse nas hemerotecas para elaborar o seu proxecto Rosalía de Castro e a fábrica de mulleres. Atoparían os seguintes resultados: "Na prensa galega da métade do XIX había 395 referencias a lugares chamados O Seixo e o 85% delas pertencían ao da comarca de Ferrol, a única festa é a da nosa ría e era considerada unha das máis importantes de Galicia".

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    05 oct 2018 / 20:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito