El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Ruxe Ruxe presentou en Santiago "Un mundo perfecto"

O seu cantante, Vituco Neira, falou en Caixón de sastre deste novo traballo discográfico, no que reflicte que, malia as dificultades, "o importante é estar vivos e respirar" // María del Carmen Ferreiro, María Iglesias Mosquera e Demelsa Asorey Iglesias, foron as gañadoras do concurso posto en marcha en Radio Obradoiro para o concerto que deron o pasadp 18 de abril na Capitol

Vituco Neira, cantante de Ruxe Ruxe, nos estudios de Radio Obradoiro - FOTO: R.O.
Vituco Neira, cantante de Ruxe Ruxe, nos estudios de Radio Obradoiro - FOTO: R.O.

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Vituco Neira, cantante de Ruxe Ruxe

SANTIAGO. RO  | 14.04.2015 
A- A+

Ruxe Ruxe está inmerso na presentación do seu novo traballo discográfico, titulado "Un mundo perfecto". Para o seu cantante, "un mundo perfecto é un mundo no que sempre tes oportunidades e soños polos que loitar, un mundo de ilusións". Nunha entrevista este martes en Radio Obradoiro, Vituco Neira explicaba que este disco dalle a volta o que recollía o anterior traballo, "un álbum super dramático, moi triste, coa crise de fondo. Xa daquela estabamos coa idea de que había que darlle a volta á folla, porque o importante é estar vivos e respirar". Segundo sinalou, "levamos un par de anos nos que gravamos unhas 50 cancións". Case 20 anos despois do seu nacemento, "temos esa ansia de desfrutar de todo isto aínda máis". Tanto é así que "vémonos con forzas de gravar un novo disco o vindeiro ano". Ten claro Vituco Neira que a música galega "é tan boa ou máis que a de fóra".

O pasado 18 de abril Ruxe Ruxe actuou na Capitol, nun concerto no que tamén estivo Biribirloque. Radio Obradoiro sorteou tres entradas dobres para asistir ó concerto da Capitol. As gañadoras dese sorteo foron María del Carmen Ferreiro, María Iglesias Mosquera e Demelsa Asorey Iglesias.

Síguenos en twitter e facebook