El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

‘Saber Universal’, aposta do turismo accesible no Camiño

Este proxecto europeo mellora as instalacións e servizos para turistas con necesidades especiais en 2 rutas de peregrinación

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, segunda dende a dereita, na reunión de onte en Santiago - FOTO: X.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, segunda dende a dereita, na reunión de onte en Santiago - FOTO: X.

REDACCIÓN SANTIAGO  | 05.02.2017 
A- A+

Os visitantes e turistas son moi importantes no eido da economía de España e de Galicia, por iso hai que salientar as iniciativas cara a súa mellora. Nese sento, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ven de xar exempllo.
castro recibiu onte en Santiago aos representantes do proxecto europeo Saber Universal que ten como obxectivo a promoción do turismo accesible mediante a mellora de instalacións e servizos para turistas con necesidades especiais establecidos ao longo de dúas rutas de peregrinación, o traxeto francés do Camiñode Santiagoe o Camiño de San Benedito, en Italia.
Este proyecto europeo ten por partners e socios estas entidades: Comune Rieti (Italia), Turismo de Galicia (España), S-cape Travel (España), Free Wheels Onlus (Italia), Cart´Armata Edizioni (Italia) e Azienda speciale Centro (Italia).
Este programa ten unha duración de 18 meses e estase a desenvolver unha avaliación do punto de situación dos servizos e instalacións existentes nas rutas de peregrinación, celebrarase unha formación de operadores turísticos co obxectivo de concienciar da importancia da accesibilidade, deseñarase unha oferta de turismo accesible, e desenvolveranse paquetes turísticos accesibles nos destinos así como accións de comunicación e difusión das súas actividades, toda unha aposta cara a fomentar a igualdade.
Turismo de Galicia encárgase da organización de dous seminarios, un de eles o de peche do proxecto no que serán presentados os resultados, e da elaboración dun estudo que permite identificar os operadores turísticos e os mercados especializados en ocio para persoas con discapacidade.
XORNADAS DE FORMACIÓN EN MARZO Durante o encontro feito na capital galega, Castro destacou que a través do proxecto Saber, crearase unha oferta de turismo accesible mellorando as infraestruturas e servizos de dous itinerarios europeos de gran relevancia: O Camiño e a debandita ruta de Italia.
“Así, poñeremos en marcha un produto turístico que conxugará patrimonio cultural, deportes e actividades ao aire libre, pois ambos os itinerarios son rutas de gran relevancia espiritual, cultural e histórica e representan ademais un atractivo para os amantes do sendeirismo e ciclismo”, sinalou Castro.
Tamén explicou que este proxecto europeo converterá a experiencia da peregrinación en algo universal a través destas rutas que son parte do patrimonio natural e cultural europeo.
E a responsable de Turismo da Xunta tamén referiuse á formación.
“Neste ano 2017 impartiremos, durante os meses de marzo e abril, unhas xornadas de formación dirixidas ao sector hostaleiro sobre atención ao cliente con necesidades especiais e creación de produtos turísticos accesibles”, manifestou en sintonía con este proxecto.
tendencias@elcorreogallego.es
www
elcorreogallego.es