Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A saga do dragón 'Dragal' e os inimigos da memoria

A escritora Elena Gallego pecha a triloxía deste monstro mitolóxico galego cun relato trepidante e esperanzador

    Despois de Dragal. A herdanza do dragón (publicada no 2010), finalista do IV Premio CaixaGalicia de Literatura Xuvenil 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento, e Dragal II. A metamorfose do dragón (2011), chegou agora ás librarías o terceiro volume da serie, Dragal III. A fraternidade do dragón, co que se pecha esta triloxía publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de fronteira "Fóra de xogo".

    Esta serie de Elena Gallego Abad para o lectorado mozo, aínda que tamén moi recomendable para os adultos, inscríbese nunha corrente formal e temática de gran rendemento na literatura xuvenil galega da primeira década do século XXI, como é a recreación de mundos mitolóxicos e lendarios, nos que asenta unha concepción identitaria.

    Esta liña temática e formal ademais de ser visitada por creadores como Suso de Toro (caso do seu Morgún) conta xa con precedentes na metade da década dos oitenta como Mª Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos G. Reigosa ou Darío Xohán Cabana, que cos seus relatos abriron vías inexploradas pola literatura xuvenil ata aquel momento.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    05 nov 2012 / 21:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito