El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

JESÚS ÁNGEL SÁNCHEZ EN RADIO OBRADOIRO

"O Salón Teatro tivo unha historia interesante e variopinta"

O profesor de Historia da Arte da USC repasa no libro 'Salón Teatro. Corazón do espectáculo' a traxectoria desta sala situada na Rúa Nova, referente cultural para Compostela e para Galicia // A súa inauguración produciuse en 1920

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Jesús Ángel Sánchez, profesor de Historia da Arte da USC


SANTIAGO. RO  | 01.04.2014 
A- A+

El Correo Gallego
Imaxe do interior do Salón Teatro en 1926 durante un mitin de Juventudes Católicas
FOTO: El Correo Gallego

O libro ‘Salón Teatro. Corazón do espectáculo’,  do profesor de Historia da Arte da USC Jesús Ángel Sánchez aborda a traxectoria desta sala situada no número 34 da Rúa Nova, espazo que se converteu en referente cultural para Compostela e para Galicia, desde a súa inauguración, en 1920, ata a actualidade.  

A obra, coeditada pola Xunta, o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, recolle fotografías, planos, carteis e referenzas en prensa. No libro abórdase a actividade cultural e social desenvolvida neste espazo escénico durante os seus máis de 90 anos de historia, e que se completa cun estudo sobre a súa arquitectura e deseño construtivo, que detalla as modificacións e reformas experimentadas ao longo do tempo. 

O profesor Jesús Ángel Sánchez explicou en Radio Obradoiro que "O Salón Teatro, como outros teatros e cines, ten unha historia interesante e variopinta". Os concertos, o cinema, o teatro e outras manifestacións artísticas formaron parte da programación desenvolvida ao longo da traxectoria deste espazo de exhibición escénica. "Abriuse por unha iniciativa privada dunha organización ligada á Igrexa, a Liga Mutua de Señoras. Estaba moi orientado aos concertos, ás funcións de afeccionados, ás veladas benéficas...", explicou. "A finais dos anos 20 o cine cobra máis importancia, a explotación comercial vai impoñéndose e despois da Guerra Civil, a partir de 1945 o Salón Teatro acaba integrándose como cine na cadea de locais da empresa Fraga". 

Sánchez sinalou que o Salón Teatro foi escenario de proxeccións de cinema mudo e de grandes produccións de Hollywood como 'Ben Hur'. A sala tamén viviu momentos complicados como o incendio de 1994 que podería ter significado o fin da súa historia. Afortunadamente foi remodelado e na actualidade é sede do Centro Dramático Galego, que celebra en 2014 o trixésimo aniversario da súa fundación.