El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

PUBLICACIÓNS

O Selo USC Editora supera a auditoría ISO 9001:2015

REDACCIÓN  | 13.12.2018 
A- A+

O Selo USC Editora acaba de superar a auditoría de seguimento anual de certificación do seu sistema de xestión de calidade conforme á norma UNE-EN ISO 9001:2015. A mediados deste mesmo ano, o Servizo de Publicacións, responsable deste selo editorial, xa se convertera no primeiro servizo universitario que conseguía a adaptación aos novos estándares. Malia que a norma ISO 9001:2015 certifica só o selo USC Editora e non o Servizo no seu conxunto, "é certo que a auditoría de organización incorpora a práctica totalidade dos procesos que conflúen nun sistema editorial de calidade certificada", explica o responsable do Servizo Juan Blanco, que valorou de forma moi positiva que a auditoria no detectase desviacións.