El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Susana Seivane pon a súa música a Manuel María en 'Lúas de outono'

Presentará o seu disco 'Fa' nesta gala do vindeiro mércores 19 no coruñés teatro Rosalía de Castro

Desde a esquerda, José Manuel Sande, Alberte Ansede, Susana Seivane, Saleta Goi e Goretti Sanmartín, onte na presentación da décima gala Lúas de Outono.  - FOTO: Almara
Desde a esquerda, José Manuel Sande, Alberte Ansede, Susana Seivane, Saleta Goi e Goretti Sanmartín, onte na presentación da décima gala Lúas de Outono. - FOTO: Almara

ALBERTO MARTÍNEZ A CORUÑA   | 12.09.2018 
A- A+

Lúas de outono chega á súa décima edición. A tradicional homenaxe a Manuel María terá lugar este ano unha artista excepcional, Susana Seivane que estreará o seu novo disco Fa e poñerá o seu talento na súa gaita para musicar os versos do lembrado poeta. A cita, como sempre é de balde ata completar o aforamento, no coruñés Teatro Rosalía de Castro o vindeiro mércores día 19, a partir das oito e media da tarde.

"É a homenaxe ao poeta nacional do noso país que nas súas obras plasmou o compromiso da defensa da lingua, a cultura e os dereitos sociais dos desfavorecidos", sinalou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña que, do mesmo xeito que o Concello herculino, colabora, coa organización da Fundación da Casa - Museo Manuel María.

Sanmartín contrapuxo a alegría do evento que lembra a Manuel María "no que Susana Seivane musicará dous poemas de Os soños na gaiola, libro do que cumprironse 50 anos da súa primeira edición", coa tristeza que aparece "na semana da desaparición do Diario Cultural da Radio Galega, que levaba preto de 30 anos en antena como difusor da nosa cultura".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt