Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Suso Vaamonde, voz de trebón' gaña eco desde Ourense

O libro do xornalista Xosé Miguel Alonso Boó foi presentado onte na Cidade das Burgas

O xornalista Xosé Miguel Alonso Boó presentou onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o seu libro Suso Vaamonde, voz de trebón.

A obra está editada por Galicia en el Mundo.

No acto, o autor estivo acompañado polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o vicepresidente da Diputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o escritor Xosé Carlos Caneiro, entre outros asistentes.

Esta autobiografía literaria, obra en tapa blanda, ten 324 páxinas.

O autor xa fixou antes unha presentación en Vigo, ao carón do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.

CANTAUTOR FILLO DE PONTECALDELAS

A publicación repasa a vida e obra musical deste cantautor de sona fillo de Ponte Caldelas (no ano 1950) que finou en Vigo no 2000.

Xesús Vaamonde Polo musicou ata 76 poetas de Galicia, entre eles Celso Emilio Ferreiro. Xosé Neira Vilas, Bernardino Graña, Manuel María, Darío Xoan Cabana... entre outros.

De feito, o traballo de Alonso Boó leva por subtítulo O músico rebelde que popularizou a poesía galega.

18 feb 2019 / 22:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito