El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Teófilo publica 'Pepe Castedo. Vida y azares'

REDACCIÓN   | 12.09.2019 
A- A+

DE XULIO RÍOS José Castedo Carracedo (1914-1982) confirma o adagio de que galegos hai, houbo e haberá en todo tipo de lugares. E certamente, Pepe Castedo, nacido en Madrid de nai ferrolá, podería presumir de ter sido o único galego (e probablemente español) que viviu en primeira persoa a Revolución Cultural chinesa (1966-1976).

Recollendo con paciencia os testemuños tanto de excolegas como de exalumnos e de profesores doutras latitudes (Colombia, Perú, Venezuela, Uruguai, etc.) que compartiran con el vivencias, Xulio Ríos esboza a súa personalidade e traxectoria no libro titulado Pepe Castedo. Vida y azares, destacando a súa fonda honestidade.

Castedo era coñecido en Pekín como El gallego e malia ter vivido parte da súa vida lonxe, mantivo un profundo apego sentimental a unha Galicia que identificaba como propia.

A obra, nunha coidadísima edición, é publicada por Teófilo Edicións e pretende ser unha homenaxe e unha reivindicación da súa esquecida figura.

Será presentada en Beijing en outubro no entorno educativo onde impartira, a coñecida como Universidade de Estudos Estranxeiros, con exalumnos e excolegas que entón daban os seus primeiros pasos na ensinanza do español. E en novembro na Casa de Galicia en Madrid.