El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

elos de lectura

Teresa González achégase ao lectorado xuvenil con ‘Eu, pel’

A filóloga, tras obter en 2010 o Premio Merlín, publica unha novela con trazos da utopía científica, o gótico e a fantasía

CARMEN FERREIRA BOO. LITER21-LIJMI (USC)/CEU  | 19.12.2012 
A- A+

Tras conseguir o III Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2008 con Pingueiras e Tarteiras (2009) e o XXV Premio Merlín de Literatura Infantil en 2010 con A filla do ladrón de bicicletas (Premio Frei Martín Sarmiento do terceiro ciclo de Primaria 2012), a filóloga Teresa González Costa (O Grove, 1975) acaba de sacar do prelo na colección "Fóra de Xogo" a súa primeira novela dirixida ao lectorado xuvenil, Eu, pel, na que se mesturan trazos da utopía científica, do gótico e da fantasía.

Así as escenas iniciais caracterizadas polo misterio e a atmosfera tétrica, que crean suspense ao lector, lembran obras pioneiras da novela gótica, como Frankestein, de Mary Shelley. Nelas nárrase o nacemento dun ser estraño e especial no castelo da familia Semper-Vanien en Illa Meridiana e cóntanse os estraños experimentos que alí realiza o dono, Guido Semper. Co flashforward cámbiase o escenario para presentar novos personaxes, a rapaza Niki, o pintor Leopoldo Galeán e o mozo Tomás, que serán claves no desenvolvemento da trama. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt